miércoles, 8 de febrero de 2017

Recensión: Resistencia

Ola!, que tal? Xa vos dixen que a de Era por setembro non ía ser a única recensión que fixese en galego... E eu son de cumplir palabra. Hoxe o libro afortunado é, nin máis nin menos que, Resistencia de Rosa Aneiros. Comecemos!



  • Título: Resistencia
  • Autor: Rosa Aneiros
  • Precio: 20.60 
  • Editorial: Xerais
  • Año: 2002
  • Páginas: 304



  • SINOPSE

    Resistencia é unha novela apaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer, fermosa e memorable; toda unha singradura a través da historia portuguesa da man de dúas familias maldicidas pola escravitude do amor, a morte e o silencio. Para os protagonistas, a militancia política non foi unha opción, senón unha esixencia, e tiveron que pelexar contra a miseria e contra os seus propios sentimentos. E loitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: a resistencia. Dinís, un obreiro da fábrica de vidro Irmãos Stephen, e Filipa, filla dun rico comerciante de Coímbra, namoraron perdidamente sen calibrar as consecuencias. O Pinhal do Rei, no oeste portugués, converteuse no testemuño da vida. Pero ninguén pode escapar aos designios do tempo e a vida dos amantes viuse marcada polas adversas circunstancias políticas que desangraron Portugal ata a Revolución dos Caraveis.


    A MIÑA OPINIÓN

    Vergonza debería darme que a escusa para subir outra entrada en galego volva ser unha lectura obrigatoria... Pero, aínda sendo obrigatoria ou non, Resistencia é un libro que verdadeiramente merece a pena. Queredes saber por que? Continuade coa lectura...

    A novela emprega dous personaxes principais, Dinís e Filipa, para debuxarnos unha trama completa e emotiva ambientada na ditadura portuguesa do século pasado. Unha historia de amor e tamén de loita e resistencia contra un réxime totalitario e inxusto co que moitos estaban en desacordo.
    Este libro fai que reflexionemos sobre temas tan interesantes como o absolutismo do poder, as inxustizas da vida, o paso do tempo, as dificultades ás que nos afrontamos, a loita polos nosos ideais, o amor... Isto ocasiona que o libro non semelle baleiro, sen significado, intrascendente e que, ademais, é útil para descubrir a historia portuguesa.



    A obra preséntanos unha gran variedade de 
    personaxes, todos perfectamente construídos, complexos e verosímiles. Son tan diferentes e están tan ben desenvolvidos que se fai case imposible destacar algún, todos o fan. Por exemplo, podemos nomear a Dinís, un dos protagonistas da historia, un home que loita polo que quere, observador e 
    crítico con todo o que lle parece inxusto. O seu carácter pode vir definido pola mestura de situacións á que foi destinado a vivir. Froito dun amor verdadeiro
    máis coñecido pola sociedade que o rodea como unha aventura, Dinís pasa a súa infancia sen complicacións. É cando empeza a madurar cando as cousas se comezan a tornar difíciles para el. Dende o seu alistamento para ir á guerra, feito que tras unha serie de circunstancias o marca de por vida, ata a súa resistencia, o seu apresamento, a súa estancia en Peniche... Digamos que para el a existencia non foi doada e, ademais, cando non quería, precisamente, destacar nin ser un heroe. Pero, aínda así, esta figura pensa que a súa difícil vida tivo sentido grazas a Filipa, a outra protagonista da historia. Mais paréceme que, aínda que Filipa é un personaxe moi destacable, salienta máis a súa familia paterna, tanto Leonor como Rui. Leonor foi a víctima das letras, a que viviu nun loito continuo (primeiro pola emigración do seu marido, a súa morte, o falecemento da súa filla, a emigración do seu fillo e da súa neta a Brasil, o apresamento de Dinís, ao que xa lle fora collendo cariño...), 
    pero que foi unha figura clave para o desenvolvemento da historia. Ao seu fillo Rui tamén lle tocou o seu, quedando moi marcado tras o suicidio da súa irmá. Cando pensaba que nada podería ir peor coñece a Inés, que lle devolve certa felicidade, e máis cando trae ao mundo a Filipa. Mais Rui volverá ao sufrimento coas continuas enfermidades da súa esposa, a súa posterior morte, a obrigada emigración á que se tivo que expoñer coa súa filla... Ata no momento da súa morte tivo que morrer alonxado da casa, nostálxico da súa terra: Portugal. Podemos afirmar que para esta familia non foi todo un camiño de rosas... Quedan moitos nomes no tinteiro: Isaura e António, personaxes tamén moi destacables, Miguel da Silva, André, o Antoninho... pero isto faríase eterno.



    O que máis me gustou foi, sen dúbida, o estilo da autora. Esa prosa case poética de contar as cousas fai que a narración se embeleza. Aínda que costa un pouco chegar a acostumarse a el, unha vez que o fas é cando realmente o aprecias. Tamén sobresae o final, tremendamente aberto. Cando rematei o libro quedei ollando a parede, sen palabras e, teño que confesalo, cos ollos algo húmidos. Ao principio non aceptaba a idea dun remate tan inconcluso, que deixa todo á imaxinación; porén, creo que me acabou gustando, a pesar do disgusto inicial.



    O único pero que lle atopei á novela é que o comezo é bastante lento. Ao non estar habituados ao estilo da autora, o ritmo de lectura tórnase bastante pesado, pero cando te afás a el, o problema está solucionado.


    En resumo: Resistencia é unha novela histórica que nos fai reflexionar sobre o absolutismo do poder, as dificultades da vida, o espírito da resistencia..., que nos anima a loitar polos nosos ideais e polo que cremos que é inxusto. Cunha historia moi ben construída, sen incoherencias, pero sen chegar a ser impersoal (o romance apórtalle certa calidez a unha historia tan cruda). Dádelle unha oportunidade!



    A MIÑA VALORACIÓN





    E aquí van as preguntas de sempre:
      - Se listes o libro: que opinades?, destacariades algo máis?...
      - Se non listes o libro: ¿apetécevos lelo?, que opinades?


    Graciñas por pasarvos por aquí^^. Espérovos na próxima entrada. Un biquiño :33

    viernes, 3 de febrero de 2017

    Reseña: Rebelión en la granja

    ¡Hola!, ¿qué tal? Hoy vengo con la reseña de un libro que me leí a finales del año pasado... Me refiero, ni más ni menos, a Rebelión en la granja de George Orwell. ¡Vamos a ello!


  • Título: Rebelión en la granja
  • Autor: George Orwell
  • Precio: 6.95 
  • Editorial: Debolsillo
  • Año: 1945
  • Páginas: 145


  • SINOPSIS

    Una condena de la sociedad totalitaria, brillantemente pasmada en una ingeniosa fábula de carácter alegórico. Los animales de la granja de los Jones se sublevan contra sus dueños humanos y les vencen. Pero la rebelión fracasará al surgir entre ellos rivalidades y envidias, y al aliarse algunos con los amos que derrocaron, traicionando su propia identidad y los intereses de su clase. Aunque Rebelión en la granja fue concebida como una despiadada sátira del estalinismo, el carácter universal de su mensaje hace de este libro un extraordinario análisis de la corrupción que engendra el poder, una furibunda diatriba contra el totalitarismo de cualquier especie y un lúcido examen de las manipulaciones que sufre la verdad histórica en los momentos de transformación política.


    MI OPINIÓN (SIN SPOILERS)

    Llevaba bastante tiempo leyendo maravillas sobre los libros de Orwell y, tras llamarme la atención 1984 (su obra más famosa), decidí leerme algo de este autor. Sin embargo, la falta de ganas que tengo últimamente por empezar libros largos me hizo decidir leer antes Rebelión en la granja (eso no quita que en un futuro próximo vaya a leer 1984). Antes de nada he de decir que me ha encantado... ¿Queréis saber por qué? Seguid leyendo...

    Esta novela narra la vida de unos animales que, un día, tras reflexionar sobre su condición, deciden rebelarse ante los humanos. Es ahí cuando comienza la Rebelión en la cual los animales toman el poder de la granja. Una historia que refleja, a su vez, la Revolución Rusa de 1917 y que nos hace pararnos a pensar sobre algunos temas.
    La trama es realista, a pesar de lo fantástico. Es decir, sí, la historia está basada en elementos fantásticos como, por ejemplo, que los animales hablen, que se subleven... pero las situaciones en que lo hacen son totalmente creíbles. El ritmo de lectura es ágil y el estilo sencillo, directo, pero tampoco descuidado. 

    Los personajes están muy bien construidos, complejos y con su evolución a través del libro. Cabría destacar, entre otros, a los cerdos como las figuras que más evolucionan a lo largo de la historia. Aunque también están otros personajes muy bien construidos como el burro Benjamín (con su carácter misterioso) o el caballo Boxer. 

    Lo que más me gustó fue el hecho de que nos haga pensar. El libro abarca unos temas muy interesantes como el poder, la corrupción que ocasiona este, las técnicas tan frecuentes con las que nos manipulan, la desinformación... Una novela que nos hace reflexionar que quizá la situación de hoy en día no es tan diferente de la de hace unos años, que nos hace, quizás, abrir los ojos un poco ante estos problemas. Y todo esto de una forma amena, entretenida y adictiva. Que además es útil pues guarda un paralelismo con la Revolución Rusa y, oye, así de paso la repasas ;P

    En realidad no hubo nada que no me gustase, así que no puedo decir nada más.

    En resumen: Rebelión en la granja es un libro ameno, entretenido, pero no vacío. Con una historia en forma de fábula que nos hace pensar sobre temas muy interesantes que a veces olvidamos o, simplemente, de los que no queremos notar su presencia. 



    MI VALORACIÓN





    Y ahí van las preguntas de siempre:
      - Si habéis leído el libro: ¿qué opináis?, ¿estáis de acuerdo conmigo?, ¿destacaríais algo más?...
      - Si no habéis leído el libro: ¿os apetece leerlo?, ¿qué opináis?

    Gracias por pasaros por aquí^^. Os espero la semana que viene con una entrada nueva. Un besazoo :33